domingo, 10 de maio de 2020

RUTA DO FERROCARRIL, SAN TIRSO DE ABRES.

Fai tempo que non publicamos nada porque desde o 14 de marzo as rutas, os paseos e as viaxes víronse totalmente canceladas por mor do COVID-19.

Pero agora que as saídas parecen estar cerca de novo, hai que empezar a programar esas visitas pola natureza, sempre respectando as distancias e as normas que Sanidade nos indique.

Hoxe invitámosvos a acercarse ata San Tirso de Abres para coñecer a Vía Verde do antigo ferrocarril mineiro que unía as localidades de San Tirso e A Pontenova.




Trátase dunha ruta de 24 quilómetros ida e volta, polo que nós decidimos facela en bicicleta, xa que andando parecíanos moito traxecto cos nenos.

As bicicletas poden alugarse ao inicio da ruta, no local de EoActivo (podedes pinchar no nome para acceder á súa web) onde tamén dispoñen  de canoas para baixar o río. Non importa que vaiades con nenos porque teñen todo tipo de bicis adaptadas para as diferentes idades e co aluguer vai incluído un servizo de axuda por si pinchas ou tes algún problema. Moi recomendable pola súa amabilidade e servizo.



A vía verde está por preto do propio aluguer, tendo que pedalear uns metros pola estrada ata chegar ao punto sinalizado como Inicio.



Toda a ruta está perfectamente sinalizada. A parte asturiana ten o camiño de terra e a parte galega de asfalto, polo que unha é máis fermosa e outra máis cómoda para pedalear, sobre todo para os máis pequenos! 







Durante a ruta pasamos por varios tuneis, que resultaban unha atracción para os nenos porque entran a escuras pero a medida que avanzan van encendendo as luces. 






Tamén polo camiño atopamos unha escala de salmóns onde pasamos un rato agradable. 






Durante todo o camiño hai carteis informativos nos que se van explicando os restos que quedan das construccións relacionadas coa mina, como por exemplo os casetos (como o da foto), onde gardaban o carbón que servía de combustible para as locomotoras.






Xa chegando á Pontenova atopamos o primeiro do fornos, que servían para o proceso de calcinación do mineral.







Dende A Pontenova poden iniciarse unha serie de rutas hacia as minas que están perfectamente indicadas e que se poden facer polo camiño longo ou curto. 

Nós non fixemos ningunha, xa que preferimos repoñer forzas no Lar de Balbina, onde tivemos un xantar magnífico con cachopo incluído! Restaurante moi recomendable.







Esperamos que pronto poidamos pasear libremente por calquera provincia e país, pero mentres tanto, aproveitade para visitar natureza e facer rutas en familia por lugares do voso entorno próximo.

Nós seguiremos dando voltas!

















4 comentarios:

  1. Ola. Atopei o teu blog de casualidade. Alégrome de que alguén se decida a escribir sobre viaxes, rutas de sendeirismo e de o que faga en galego. Por desgraza, algo infrecuente.
    Como compartimos afición, déichoche o enlace ao meu blog de sendeirismo por se che pode valer para futuras rutas.
    https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas. Encantada de coñecer o teu blog. Pasareime por el. Un saúdo desde Viveiro.

      Eliminar
    2. Somos veciñas. Saúdos dende Fazouro-Foz.
      E acabo de enterarme de que tamén temos unha persoa coñecida en común. Ao ver que te apelidas Hermida e ser de Viveiro pregunteille a Cristina Pillo Hermida se te coñecía e xa me dixo que érades familia e todo!
      jeje...O mundo é ben pequeno...

      Eliminar