Hoxe imos de ruta a un sitio que temos ben cerquiña nosa e que, non por eso, deixa de ser espectacular.
Trátase de Punta Socastro, máis coñecido como Fuciño do porco, no Concello de O Vicedo e moi pretiño da marabillosa praia da Abrela.
Desde fai uns anos e debido á gran demanda de visitantes, o paseo debe iniciarse nunha pequena explanada onde podedes deixar o coche e onde atoparedes uns casetos de venta de bebida e algunha outra cousiña.
Desde alí non hai pérdida e debemos seguir o camiño de terra que vai entre eucaliptos e que nos levará hacia o mar.
Chegados a este punto iniciamos a parte máis fermosa e que transcorre por pasarelas de madeira nun sube a baixa que nos levará ata o baliza luminosa de Socastro.
A distancia ata o baliza que nos indica o fin do camiño é de 2 quilómetros, polo que é un paseo agradable e sen máis dificultade que subir e baixar un montón de escaleiras!
As vistas sobre a ría de Viveiro son magníficas e espectaculares, sobre todo nun día soleado.
Ao regreso hacia o aparcamento podemos baixar por este camiño (ten un banco á esquerda si vimos de volta) e que nos leva ata a Punta dos Monxes e a praia de Alegrín. Tamén se observa un fermoso e pequena embarcadoiro.
A ruta é totalmente recomendable e agradable para realizar con nenos.
É certo que desde fai anos algúns medios de comunicación fixeron un traballo de publicidade espectacular sobre este lugar e é difícil acostumarse á gran cantidade de turistas que se acercan a el.
Aínda así, algúns días de inverno segue tendo aquela soidade abrumadora que fai os sitios máis fermosos e acolledores.
Nós seguiremos dando voltas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario