A pouca distancia de Lisboa atopamos varios pobos que visitar. Nós estivemos unha semana e non nos deu tempo a coñecelo todo, polo que nos centraremos no noso percorrido persoal.
Comenzaremos por Sintra que é unha pequena cidade a uns 30 quilómetros de Lisboa que se caracteriza pola cantidade de palacios e monumentos nun espazo relativamente escaso.
Trátase dunha cidade acolledora, ademáis en Nadal destaca a súa coidada decoración para esas datas, mercado, pista de xeo, animación...
Nós fixemos un percorrido pequeno en canto a visitas se refire porque o tempo non daba para moito máis e con dous nenos tampouco queriamos adicar demasiadas horas á visitas de palacios e museos.
En Sintra escollimos dúas visitas, case con certeza as máis recomendadas e impresionantes.
Comezamos o día facendo eternas colas para subir ao Palacio da Pena, monumento máis visitado de Portugal.
Recomendamos e consideramos case unha obriga, levar as entradas compradas previamente porque senón o tempo de espera aínda aumenta moito máis.
O acceso ao lugar onde está situado o Palacio da Pena está regulado, non podendo acceder a el con coche particular. Hai que facelo nun autobús que sae da estación do tren e que pasa polo centro de Sintra ou nalgún dos diferentes vehículos permitidos para subir.
A visita, sumando billetes de autobús e entradas para catro persoas, non é nada barata, senón o contrario. Pero, merece a pena? pois si!
Trátase dunha explosión de cores que resultan curiosas nun palacio, rodeado duns xardíns inmensos e dentro dun entorno natural moi fermoso.
Si non dispoñedes de tempo hai unha entrada soamente para os xardíns que tamén merecen moito a pena. Un percorrido por eles pode durar varias horas e é un sitio moi agradable.
O outro monumento que escollimos para visitar en Sintra foi a Quinta da Regaleira.
Este monumento está ubicado en pleno Centro Histórico e está calificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
A Quinta da Regaleira contruíuse a finais do século XIX con espíritu e ideais románticos. A nós pareceunos un lugar encantador, cheo de misterios, detalles, metáforas e maxia.
Este lugar está contruído por Antonio Carvalho Monteiro, que foi un nobre e millonario portugués.
Na finca atópase un palacio, un pequeno lago, varios torreóns, un pozo de iniciación e unha capela.
Neste monumento podemos atopar infinitas referencias á masonería e aos templarios.
A obra maestra do lugar é o Pozo inciático, onde está esculpida a cruz da Orde Do Temple. Segundo nos informamos, Carvalho Monteiro foi un dos membros desta secta en Portugal e así quixo deixar constancia na súa obra.
A visita á Quinta da Regaleira debe facerse con tempo suficiente para pasear por todos os xardíns e entrar ao palacio antes de marchar.
É un lugar fascinante e moito máis entretenido, si viaxades con nenos, que o Palacio da Pena.
Outra das visitas próximas a Lisboa é o Cabo da Rocha. Trátase dun cantil de 140 metros e é o punto máis occidental da Península Ibérica. Hai un faro e unha vista fermosa.
Seguindo camiño continuamos ata Cascais, que non lle atopamos tanto encanto como algúns sinalan.
Dimos un paseo polo pobo, tomamos algo nunha praza, visitamos un mercado de Nadal e acercámonos ata a Boca do Inferno, lugar turístico, ateigado de xente e fermoso.
O último pobo que visitamos foi Estoril que nos sorprendeu pola pouca actividade e vida que lle atopamos.
Ten un magnífico paseo á beira do mar e un enorme e luxoso Casino.
Visitar Lisboa supón coñecer os arredores, por iso vos animamos a non quedar só na capital portuguesa e achegarse ao resto de pobos que a rodean.
Nós seguiremos dando voltas!
Mola
ResponderEliminar