domingo, 7 de novembro de 2021

REGO DOS CORUXOS, GAÑIDOIRA.

Hoxe imos de ruta ata a parroquia de Santa María do Viveiró no Concello de Muras, en plena Serra do Xistral e cunhas vistas espectaculares.



Trátase dunha ruta circular duns case 10 quilómetros, con gran beleza e pouca dificultade. 

O seu inicio está na plaza do Viveiró, lugar onde podemos aparcar o coche, tomar algo ou comer ao regreso; e sitio ademáis, onde se atopan uns paneis informativos sobre a camiñata.



O primeiro tramo da ruta transcorre por estrada, tratándose do menos fermoso do paseo. Este tramo non chega a 2 quilómetros para despois desviarnos hacia unha pista de terra.

A ruta está completamente sinalizada cunha balizas de madeira polo que non hai pérdida posible nin  marxe ao erro. En cada estaca indícase a distancia hacia ambos lados.





Unha vez chegamos á ponte de madeira sobre o río, concretamente sobre o Rego dos Coruxos, atopamos a parte máis fermosa da ruta. 

A única dificultade é que en época de chuvia non está moi transitable, xa que é unha zona moi húmida e mollada pola enchenta do río.

Ademáis hai que cruzar o río nalgunha ocasión e si leva moita auga non é posible facelo polas pedras que hai colocadas.

Por eso aconsellamos planificar esta ruta no verán ou comezos de outono, época na que os nosos montes están ben fermosos e no seu máximo esplendor.







A ruta continúa pola marxe esquerda do río ata que finalmente debemos cruzalo, punto crítico dependendo do caudal que leve o Rego.











A partir de aquí atopamos unha pequena e agradable subida ata chegar ao alto para comezar a baixar novamente hacia a estrada de asfalto.




Pareceunos un paseo moi agradable e sinxelo que recomendamos realizar para coñecer máis o entorno próximo tan fermoso que temos.

Aproveitando que estabamos preto, decidimos ir coñecer o miradoiro do parque eólico de Muras que tantas veces vimos fotografiado e ao que nunca fóramos.






Trátase dun sitio precioso que non defrauda, cunhas vistas impresionantes (agás mirades para os eólicos),  moito vento e moi pouca contaminación lumínica si o visitades de noite.

Nós seguiremos dando voltas!