Lisboa é unha cidade tranquila, adorable e cálida que visitamos en varias ocasións, a última delas, o pasado mes de decembro para darlle a benvida ao novo ano.
Cando escollimos o destino para as vacacións de Nadal, pensamos que Lisboa ía ter máis ambiente específico desta época do ano, pero non é así. Neste sentido, Lisboa non merece a pena en Nadal máis que en calquera outra época do ano.
Non farei unha entrada explicando que ver paso a paso e con información detallada de cada lugar porque para iso xa hai na rede moitas webs onde se describe o que facer nesta cidade dependendo dos días que cada familia esté nela.
Centrareime nun percorrido rápido polos diferentes barrios de Lisboa e por algunha das cousas imprescindibles que ten a cidade.
Lisboa ten distintos barrios, todos eles claramente diferenciados.
ZONA DE BELÉM
Este barrio está alonxado da cidade, pero ben comunicado por tranvía ou autobús. Tamén ten bastante zona de estacionamento si viaxades en coche como era o noso caso.
Nesta zona é onde se atopan os monumentos adicados aos descubrimentos, así como o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belém.
Non podedes marchar sen probar os típicos pasteis de belém e visitar o Museo Nacional do coche, moi interesante si viaxades con nenos.
O parque de Belém, cun templo tailandés que aos nenos lle encanta, tamén é un sitio ideal para descansar e dar un paseo tranquilo.
Entre a zona de Belém e a parte céntrica de Lisboa, atópase un dos centros que máis traen agora mesmo na capital: LX Factory.
Trátase dun complexo industrial, mezcla do moderno e o tradicional, que acolle espazos artísticos, restaurantes, locais de artesanía e librarías.
Parece un estilo de mercadillo no medio dunha serie de antigas fábricas. Eso sí, repleto de persoas!
O máis interesante para nós foi a Libraría Ler Devagar, na que tamén se pode tomar un café xa que ten no seu interior un bar propio e unha antiga imprenta no segundo andar.
Lx Factory está repleto de bares e restaurantes, ambiente nas rúas, música en vivo e un estilo de decadencia e vangardismo que o fan especial.
Podemos ir desde Lx Factory hacia o centro de Lisboa polo beira do río Teixo e así chegaremos, despois dunha media hora de camiño, á zona de Cais de Sodré.
Este barrio, ademáis de ter unha animada vida nocturna, ten bó ambiente para picotear algo. Recomendamos o mercado municipal de Timeout cheo de locais de restauración.
Neste barrio destacamos a estación do tren e o paseo marítimo, bastante curioso por ser escalonado.
É a zona de Lisboa que se creou en 1998 con motivo da EXPO e que se caracteriza por ser moderna e dinámica.
No parque das Nacións destacamos as vistas hacia o río Teixo e a Ponte Vasco de Gama con case 18 quilómetros de lonxitude.
As vistas poden ser desde o teléférico ou desde a Torre Vasco de Gama. Calquera das dúas merecen a pena por ser excelentes miradores.
Nesta mesma zona destaca o Oceonário de Lisboa, que nós nesta ocasión non visitamos pero que segue a ser un dos máis grandes de Europa.
Atopamos neste parque das nacións a marabillosa e modernista Estación de Oriente e o Centro comercial Vasco de Gama, que visitamos pola súa decoración de Nadal pero que nos decepcionou.
Si viaxades con nenos non podedes perdervos o Pavillón do Coñecemento (ciencia viva). Trátase dun museo interactivo e moi divertido tanto para nenos como para adultos e ao que adicaredes dúas horas como mínimo.
ALFAMA
É o barrio que se atopa baixo o Castelo de San Jorge e no que podemos atopar algún resto romano, como os dun teatro da época ou os restos que hai dentro da Catedral.
Nós para chegar ata esta zona aproveitamos o famoso tranvía número 28.
A Catedral de Lisboa ou Basílica de Santa María Maior data do século XII e está aberta ao público de modo gratuíto.
Nós para chegar ata esta zona aproveitamos o famoso tranvía número 28.
Este tranvía percorre as zonas máis importantes de Lisboa, polo que merece a pena facer todo a viaxe con calma.
Baixamos no Mirador Portas do sol e visitamos tamén o outro mirador que está ao lado: o Mirador de Santa Lucía.
Os dous teñen unhas magníficas vistas á cidade e desde alí subimos ata o Castelo, que estaba pechado por ser ano novo.
Tamén no Barrio da Alfama, pero máis arriba atopamos a Mirador de Graça, ao que podemos chegar paseando desde o Castelo (moita subida). Outra opción é montar de novo no tranvía 28 e baixar en calquera das paradas que ten no barrio de Graça.
Desde este o mirador de Graça baixamos polo Caracol de Graça ata o barrio da Mouraría, o cal é pouco visitado polos turistas pero merece totalmente a pena. Nós era a primeira vez que o visitabamos.
O caracol de Graça trátase tamén dun bonito percorrido pola arte urbana de Lisboa.
O barrio da Mouraría caracterízase polas casas baixas e a roupa extendida desde as ventás. Apréciase que é un barrio pobre, cunha gran mezcla de culturas e, polo que nos explicaron, o barrio da droga.
Pero detráis de todo eso, a Mouraría é o barrio do FADO, canción nacional portuguesa.
Nestas rúas foi onde cantou por primeira vez Severa, unha prostituta que atraía aos seus clientes con cancións cheas de melancolía.
Na Rúa Capelao, podemos observar o paseo da fama do fado, cos retratos de grandes artísticas da canción portuguesa.
A BAIXA
É o barrio máis céntrico e comercial de Lisboa. Empeza na Praza dos Restauradores, continúa pola Rúa da Liberdade e finaliza na Praza Marqués de Pombal.
Tamén atopamos a Praza do Rossio e a do Comercio, onde se atopa a gran árbore de Nadal (moito máis fermosa de noite que de día).
Neste barrio recomendamos o Restaurante Casa de Alentejo. Merece a pena visitalo, aínda que non sexa para comer. Ten unha taberna dentro na que se pode tomar un café ou uns "petiscos". O local é moi fermoso!
Na Baixa non podemos esquecernos do Elevador de Santa Justa, no que estivemos case unha hora á cola e, ao ver que non avanzabamos nada,terminamos abandonando!
CHIADO E BARRIO ALTO
O Chiado é o barrio que se atopa entre a zona Baixa e a alta.
Para subir ata o Chiado podemos facelo no Elevador de Santa Justa, cousa que non recomendamos polo gran cola que existe.
Polo tanto, subimos a pé e unha vez no barrio visitamos o Elevador e subimos ata o seu mirador con excelentes vistas.
Esta zona ten unha vida moi animada, sobre todo, de tendas ou cafés. Aquí está o pequeno comercio lisboeta con tendas moi específicas ou librarías tan coñecidas como a Libraría Bertrand, considerada a máis antiga do mundo por ser fundada no 1732.
Neste barrio atópanse as ruínas do Convento do Carmo, lugar que nos encanta.
A entrada inclúe a visita ao museo, bastante interesante e cunha proxección, con espectáculo de luces na parede, sobre a historia do convento.
Tamén no Chiado temos o famoso Café A Brasileira, de obrigada parada para descansar e tomar un bó café.
Si subimos un pouco máis chegaremos ao Barrio Alto de Lisboa, onde destacan dous miradores: o Mirador de San Pedro de Alcántara e o Mirador de Santa Catalina.
Neste barrio íamos visitar o bar chamado Pavillón chinés, pero finalmente non nos puidemos ir. Polo que nos informamos antes da viaxe, trátase dun bar especial pola súa decoración, pero que ultimamente está bastante desbordado de xente.
Para acceder ao Barrio Alto desde a zona de Cais de Sodré podemos facelo co ascensor da Bica, que polo que puidemos observar, é o que paso máis desapercibido para os turistas.
CEMITERIO DOS PRACERES
Nesta viaxe a Lisboa estivemos por primeira vez no Cemiterio dos Praceres, que non se atopa en ningún dos barrios mencionados, senón na parte occidental da cidade e xusto na última parada do famoso tranvía número 28.
Trátase dunha visita recomendable por ser un lugar ben fermoso e apacible, cheo de árbores e cunhas vistas preciosas (aínda que na nosa foto non se aprecie porque tiñamos o sol de fronte.
No cemiterio hai grandes panteóns entre os que destaca, xusto na entrada, o de Carballo Monteiro, propietario da Quinta da Regaleira en Sintra.
Para nós o máis curioso e asombroso do cemiterio foi a forma de soterrar, tan diferente á nosa.
Os panteóns están sobre terra e nun mesmo panteón están varios membros da familia, cos seus recordos e un pequeno altar.
Os panteóns teñen portas de cristal polas que se poden ver os féretros de madeira. Algunhas portas estaban rotas, algunhas caixas caídas... polo que o aspecto era un pouco tenebroso!
Finalizamos esta viaxe por Lisboa cun poema de Sophia de Melo Breyner, poeta portuguesa do séxulo XX que foi a primeira muller en recibir o Premio Camoes, que é o galardón máis importante da literatura portuguesa.
Para coñecer os arredores de Lisboa dispoñemos doutra entrada co que nós visitamos! Deixamos aquí o enlace.
Nós seguiremos dando voltas!
Digo:
«Lisboa»
Quando atravesso - vinda do sul - o rio
E a cidade a que chego abre-se como se do seu nome nascesse
Abre-se e ergue-se em sua extensão nocturna
Em seu longo luzir de azul e rio
Em seu corpo amontoado de colinas -
Vejo-a melhor porque a digo
Tudo se mostra melhor porque digo
Tudo mostra melhor o seu estar e a sua carência
Porque digo
Lisboa com seu nome de ser e de não-ser
Com seus meandros de espanto insónia e lata
E seu secreto rebrilhar de coisa de teatro
Seu conivente sorrir de intriga e máscara
Enquanto o largo mar a Ocidente se dilata
Lisboa oscilando como uma grande barca
Lisboa cruelmente construída ao longo da sua própria ausência
Digo o nome da cidade
- Digo para ver
Para coñecer os arredores de Lisboa dispoñemos doutra entrada co que nós visitamos! Deixamos aquí o enlace.
Nós seguiremos dando voltas!
Digo:
«Lisboa»
Quando atravesso - vinda do sul - o rio
E a cidade a que chego abre-se como se do seu nome nascesse
Abre-se e ergue-se em sua extensão nocturna
Em seu longo luzir de azul e rio
Em seu corpo amontoado de colinas -
Vejo-a melhor porque a digo
Tudo se mostra melhor porque digo
Tudo mostra melhor o seu estar e a sua carência
Porque digo
Lisboa com seu nome de ser e de não-ser
Com seus meandros de espanto insónia e lata
E seu secreto rebrilhar de coisa de teatro
Seu conivente sorrir de intriga e máscara
Enquanto o largo mar a Ocidente se dilata
Lisboa oscilando como uma grande barca
Lisboa cruelmente construída ao longo da sua própria ausência
Digo o nome da cidade
- Digo para ver
Ningún comentario:
Publicar un comentario