venres, 13 de setembro de 2019

MUSEOS E CENTROS DE INTERPRETACIÓN, PARQUE NATURAL DE SOMIEDO

Na entrada de hoxe imos acercarnos ás posibles  visitas que podemos realizar  no Parque Natural de Somiedo, en Asturias e  nas vindeiras entradas centrarémonos nas rutas de sendeirismo que realizamos neste mesmo Parque.

A primeira das nosas paradas foi no ECOMUSEO DE SOMIEDO, formado por tres visitas diferentes e distantes entre elas pero cunha liña en común: a vida e a casa no rural.

A entrada é unica polo que se  poden visitar os tres núcleos en días diferentes (as casa de teito de escoba, a casa dos oficios e a trashumancia e o recinto dos traballos agrícolas que non visitamos e polo tanto non imos comentar). 

1. AS CASAS DE TEITO DE ESCOBA situadas en Veigas, de camiño hacia o Alto da Farrapona.



 


A visita en Veigas é guiada. A nós guiounos unha rapaza súper amable que nos foi explicando cada unhas das vivendas, a súa construcción, o mantemento, os utensilios que había nas casas, as datas ata as que estiveron habitadas e outras informacións interesantes. 

A visita fíxose amena e os nenos disfrutaron dela.  

Ademáis as vistas dende a aldea son realmente fermosas!













2. A CASA DOS OFICIOS E A TRASHUMANCIA, situada Caunéu a dous quilómetros escasos de Pola de Somiedo.

Atópase nunha escola dos anos 50 construída por un veciño emigrante en Cuba.

Nesta escola podemos ver os utensilios e  as ferramentas dalgúns dos oficios daquela época, como o ferreiro, o canteiro ou o madreñeiro entre outros. 


No primeiro piso da escola atopamos un percorrido pola historia da propia escola e no seguinte piso unha pequena exposición sobre a trashumancia gandeira na zona.



3. Outra das visitas si nos atopamos pola zona é o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PARQUE NATURAL DE SOMIEDO,  situado no centro de Pola de Somiedo e no mesmo edificio onde está a oficina de turismo.

A súa visita é gratuíta e consiste en diferentes paneis explicativos sobre a xeoloxía da zona, a fauna, a flora, a convivencia co oso etc

Para os nenos non resultou unha visita atractiva, xa que non hai nada interactivo e simplemente se trata de paneis para ler.









Sen alonxarnos demasiado e tamén en Pola de Somiedo temos o A CASA DO OSO, animal de referencia neste parque natural.

O oso forma parte da vida das xentes deste pobo e eso vese reflectido nas súas historias.

A visita consta dun vídeo de 20 minutos bastante interesante e entretido con gravacións de osos da zona nas diferentes épocas do ano.

Ademáis explica o cambio de mentalidade da xente con respecto a este animal, que pasou de ser visto como un rival  temerario a ser respectado e coidado, para así preservar a súa existencia.




No recinto exterior da Casa do oso podemos visitar un hórreo por dentro onde se fai referencia á relación do oso e o mel.




A última das visitas que realizamos foi a CASA DO LOBO, situada en Belmonte e que para nós foi a mellor das visitas xunto coas casa de teito de escoba.

A casa do lobo consta de dúas entradas diferentes, unha á propia exposición con paneis explicativos referentes ao lobo e outra que é unha visita a un cercado onde hai 3 lobos.





Parécenos totalmente recomendable ir ata o cercado. Esta visita é  guiada e consta dun paseo de media hora á beira do río ata chegar ao recinto onde teñen os lobos. 

Durante este paseo a rapaza vai explicando un montonazo de información sobre a natureza, a fauna e a flora que nos imos atopando.




Unha vez nos acercamos ao cercado é cando nos explican o motivo polo que eses tres lobos están alí e non poden ser reintegrados na natureza.

Explican a historia de cada un, a súa situación actual e deixan facer as preguntas que se queiran, respondendo sempre dun modo súper amable tanto a nenos como a adultos.







Para finalizar este percorrido polas posibles visitas no Parque Natural de Somiedo non queremos esquecernos do HÓRREO DE URRÍA.

Este hórreo é de especial importancia xa que é o único en Asturias construído en madeira de faia e o único que queda con teito de escoba. 



Nas vindeiras entradas seguiremos dando voltas por este fermoso Parque Natural de Somiedo!



Ningún comentario:

Publicar un comentario