xoves, 23 de maio de 2019

TERRA NATURA, BENIDORM

Terra Natura trátase dun parque de animais situado ás aforas de Benidorm e recomendable si viaxades con nenos.

Xusto ao lado está Aqua Natura que é un parque acuático pero que estaba pechado cando nós estivemos porque abre a finais de abril.

As entradas a Terra Natura poden adquirirse cun desconto considerable (5 euros menos por persoa) na propia web. Aínda que teñades as entradas por adiantado, teredes que pagar o estacionamento ao chegar, 5 euros por estancia.



O parque ten unha perfecta sinalización cunhas frechas pintadas de amarelo polo chan e que resultan moi útiles para non perderse ningunha zona durante a visita.

Terra Natura está dividido en tres continentes: América, Europa e Asia; unha zona chamada Pangea, cun gran cantidade de criaturas velenosas como serpes ou arañas, un aviario e un anfiteatro para a exhibición de aves rapaces.










Ao longo do día hai diferentes espectáculos como a alimentación de tigres, o vó de aves rapaces, títeres, alimentación de elefantes etc.
Na entrada daranvos un papel onde vos explican o horario e o lugar de cada unha destas actividades.
Nós so puidemos disfrutar da exhibición de aves rapaces, a cal nos encantou por ser bastante diferente á que se realiza noutro tipo de parques de animais xa que é moito máis interactiva e cercana ao público.

Outra das cousas que nos gustou moito foi o aviario co que conta o parque. Un gran espazo polo que poder pasear e refrescarse nun día caluroso ao mesmo tempo que disfrutas da cantidade de aves que teñen.




 


O parque conta con moitos aseos distribuídos perfectamente  para que non teñas que andar demasiado cos nenos en busca dun baño. Ao mesmo tempo ten bares e espazos para disfrute dos máis pequenos e unha gran zona de xogo infantil pretiño dos elefantes.





Tamén ao lado do parque infantil hai unha zona chamada A selva de Langur, trátase dun parque multiaventuras con tirolinas, pontes colgantes e pasadizos. Disfrutamos moito tanto nenos como adultos!


Para finalizar a visita debes pasar pola tenda e a continuación pola zona onde che ensinan as fotos que fixeches en determinados lugares cos animais por si desexas mercalas. Hai que recordar ao seu favor que non son nada persistentes e que son moi respetuosos. 

En xeral, gustounos moito Terra Natura e sorprendeunos positivamente pola sencillez do parque, a amabilidade de todos os traballadores e a interacción directa cos animais...




Ningún comentario:

Publicar un comentario