luns, 22 de abril de 2019

FÁBRICA MUSEO CHOCOLATE VALOR

Hoxe imos dar unha volta moi doce e apetecible para nenos e maiores. 

Marchamos á fábrica/museo de chocolate Valor , situada en Villajoyosa, a uns 10 quilómetros de Benidorm.


As visitas son guiadas, gratuítas e cun máximo de 50 persoas en cada unha delas. 

Na entrada ao recinto hai unha máquina expendedora de tíckets, polo que se pode coller o billete con anterioridade á visita e ir dar un paseo polo pobo.




A visita comeza cun vídeo explicativo sobre os inicios da fábrica no século XIX e de como foi avanzando e modernizándose ata os tempos actuais.

O visionado, ademáis de explicar de onde procede o cacao e de como xurdiu a empresa, fai unha clara publicidade do seu produto.

Despois a visita continúa polo museo onde se pode observar a maquinaria antiga coa que elaboraban o chocolate nos seus inicios.







A continuación visitamos a fábrica por dentro, vendo algunha das series de traballo, como a elaboración das barras de chocolate, a mezcla do chocolate coas améndoas e o posterior empaquetado.

Esta zona é moi divertida e curiosa para os nenos que se mostraban encantados vendo realizar o traballo.  Non vos podemos mostrar ningunha imaxe porque está prohibido sacar fotos por respecto a todos os traballadores. 




Para finalizar, rematamos na tenda cunha degustación de chocolate líquido e onzas de varios tipos de chocolate. Os máis pequenos dixeron que estaba riquísimo!

Todo esto gratuítamente polo que merece a pena comprar algo na tenda e darlles a noraboa e as grazas por deixarnos disfrutar desta visita!





2 comentarios:

  1. Que visita máis chula, podese aprender e ademáis de pasar un anaco divertido cos pequenos!

    ResponderEliminar
  2. Que guay, sei de alguien que lle gustaría moito esa visita o museo e degustar o chocolate mais ainda..

    ResponderEliminar