As Médulas son un conxunto paisaxístico formado por unha antiga mina romana de ouro.
Si estades pensando en visitalas con nenos aquí van unha serie de consellos e opinións.
Nós estivemos fai un par de semanas e quedamos encantados coa visita.
Chegamos alí sobre as 11 da mañá despois de dúas horas en coche desde Viveiro.
O primeiro que fixemos foi visitar a aula arqueolóxica, que para o noso gusto non merece a pena porque é un espazo moi pequeno e con pouca a información, a excepción dun vídeo que explica como se formou a paisaxe.
Na recepción da aula podedes pedir un mapa gratuíto que vos servirá para situarvos nas diferentes rutas ou formas de visitar As Médulas. No enlace tedes a información cos horarios e prezos.

Despois desta breve parada iniciamos ruta hacia as covas, Cuevona e Encantada. Para eso hai que cruzar o pobo, pasar por diante dunha igrexa e tamén polo centro de recepción de visitantes onde podedes concertar unha visita guiada.
O camiño ata chegar ás covas é un sendeiro de terra en perfecto estado. Hai un montón de árbores nas que os nenos poden xogar a meterse dentro delas polo que se fai moi entretenido e divertido.
Unha vez chegas ás covas (nas que non se pode entrar por precaución) tomamos o camiño hacia o Mirador de Orellán, desde onde se observa a paisaxe máis fermosa das Médulas.
O último tramo para chegar ao mirador é un quilómetro cunha pendente considerable que discorre entre árbores e que para os nenos se fixo algo dura.
Como recompensa están as vistas!
Ao lado do mirador está a Galería de Orellán que merece a pena entrar a visitala( hai que ter en conta que está pechada todos os martes do ano).
Tanto os nenos como nós disfrutamos un montón recorrendo a galería e o balcón e vista finais son impresionantes.
No interior da galería tamén podedes atopar algún animaliño que lle encantará aos nenos.
Desde este punto, nós regresamos hacia o pobo polo mesmo camiño pero para os que desexen camiñar máis, poden regresar pola ruta periférica que é máis longa e da outra visión da paisaxe.
Sorte coa visita. Nós seguiremos dando voltas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario