luns, 28 de outubro de 2019

RUTA LAGOS DE SALIENCIA, PARQUE NATURAL DE SOMIEDO


Hoxe estamos de novo no Parque Natural de Somiedo para explicar a última das rutas que fixemos.

Trátase de acercarnos ata os Lagos de Saliencia e desde alí, si se ten ánimo e forza, pode continuarse ata o Lago do Val.



A ruta iníciase no Alto da Farrapona que está a 1.700 metros de altitude e que ten unhas vistas moi fermosas do macizo das Ubiñas.



O camiño discorre por unha pista preparada para o tráfico rodado, pero só utilizada polo persoal autorizado.

Máis ou menos ao quilómetro de empezar atopamos o Lago da Cova. Nesta zona faise moi visible a presenza da explotación mineira que caracteriza a cor do terreo. 





A mina de Santa Rita era unha mina de extracción de ferro e estivo en funcionamento desde 1.805 ata 1.978. Tivo un gran impacto socio-económico no val de Saliencia mellorando as condicións de vida dos seus habitantes con respecto a outros pobos próximos.





Desde este lago iníciase unha forte subida seguindo o antigo camiño da mina ata chegar á Lagoa da Mina, que estaba completamente seca como se pode observar na fotografía. 




Desde aquí o camiño é máis agradable, esquecendo a forte subida anterior para dar paso á vista do Lago Cerveiriz. Para chegar ao seu pé deberemos camiñar por un suave descenso. 



Xusto a escasos minutos e camiñando hacia o sudeste está o Lago Calabazosa ou Lago Negro, que é o maior dos tres lagos. 


Desde o Alto da Farrapona ata aquí temos unha distancia de 5 quilómetros, polo que nós decidimos camiñar un pouco máis pola pradeira de Cerveiriz en dirección ao Lago do Val, pero sabendo que non íamos chegar a el xa que o visitáramos o día anterior desde o outro lado da montaña.

Merece a pena continuar un par de quilómetros por esta fermosa extensión rodeada de montañas. As súas vistas son moi agradables e ao ser en terreo chan, os nenos camiñaban sen problema ningún.




En total fixemos uns 15 quilómetros ida e volta que mereceron totalmente a pena pola súa paisaxe a tranquilidade.

En xeral quedamos namorados do Parque Natural de Somiedo e con ganas de regresar a el noutra época do ano, concretamene no inicio da primavera,  para ver o contraste co final do verán. 

En breve, seguiremos dando voltas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario