Os refuxios da guerra civil de Almería teñen a súa entrada na Praza Manuel Pérez García e están abertos todos os días excepto os luns.
Hai que ter en conta que teñen un número de visitantes bastante limitado en cada visita, polo que é aconsellable mercar a entrada online con anterioridade, sobre todo nos meses de verán.
Si estades pola zona, merece a pena a súa visita para poder achegarse un pouquiño máis a unha época non tan lonxana no tempo e ás veces, si moi esquecida entre nós.
Almería foi unha cidade bastante atacada na Guerra Civil Española, cun total de 52 bombardeos entre mar e aire e unhas 754 bombas caídas nese período de tempo.
Esto provocou que se decidira a construción rápida e inminente dun lugar onde refuxiarse durante estes bombardeos.
Os refuxios son algo máis de 4 quilómetros de pasadizos subterráneos que podían acoller a un total de 40.000 persoas e que se atopan a uns 9 metros de profundidade.
Foron diseñados polo arquitecto municipal Guillermo Langle coa axuda dun enxeñeiro de minas e un enxeñeiro de camiños.
Ao longo da cidade, todos os barrios tiñan portas para acceder aos refuxios, xa que o tempo e a rapidez para esconderse eran vitais.
Mesmo algunhas casas tiñan os seus refuxios privados,un exemplo foi a galeria privada do arquitecto Guillermo Langle.
Si a porta da casa tiña un lazo negro significaba que calquera persoa podía entrar e esconderse alí durante un bombardeo.
Durante a visita (é guiada en todo momento), pódense observar recordos daqueles tempos pasados, como por exemplo o avión da fotografía, realizado por un neno mentres esperaba a que un bombardeo finalizara.
Nos laterais das galerías principias tamén atopamos espazos de apoio para distintas funcións.
Noutro destes espazos atopamos un almacén-despensa, imprescindible en casos de bombardeos prolongados como ocurriu na II Guerra Mundial.
O 8 de febreiro de 1937, Málaga foi tomada polas tropas franquistas. Máis de 50.000 persoas fuxiron despavoridas hacia Almería, pero moitas foron cruelmente ametralladas e bombardeadas polo camiño.
Como consecuencia deste suceso, creouse a Delegación de Evacuación, e máis tarde, acordouse construir unha galería que comunicara cos refuxios e instalar alí un quirófano.
O quirófano tamén foi obra de Guillermo Langle e contaba cun motor para producir electricidade.
Unha vez rematada a guerra, o Concello decidiu pechar as entradas aos refuxios para evitar o seu uso por parte de mendigos.
Nas bocas de acceso colocáronse unha serie de quioscos, diseñados de novo polo arquitecto Guillermo Langle.
Na actualidade, os quioscos están nos mesmos lugares e forman parte do mobiliario urbano de Almería, pero case todos están reformados ou completamente novos.
Nestes refuxios existían varias normas que había que cumplir, como por exemplo, non fumar, non ouriñar, non deixar sós aos nenos e nenas, non entrar con armas, pero sobre todo, non se podía falar de política e relixión, para evitar novos enfrentamentos.
Debemos manter o recordo vivo para non esquecer o sucedido e por eso nos pareceu importante levar aos nenos a esta visita, que por certo, lles resultou moi interesante e sorprendente.
Seguiremos dando voltas en familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario