luns, 26 de agosto de 2019

CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE SARGADELOS, CERVO

Hoxe imos dar unha volta por un entorno próximo pero ben fermoso para pasar unha tarde en familia. Trátase do conxunto histórico-artístico de Sargadelos co seu paseo dos namorados á marxe do río Xunco, situado no Concello de Cervo.




A finais do século XVIII o marqués de Sargadelos (Antonio Raimundo Ibáñez) creou un dos complexos industrias siderúrxicos máis destacados do seu tempo e no ano 1806 fundou a primeira fábrica de louza neste lugar.

Esta Real Fábrica de Sargadelos estivo en activo ata o ano 1875 pasando por diferentes xeracións e moi diversas etapas.




No último terzo do século XX resurxiu a produción  de cerámica en Sargadelos, ocupando edificios novos e respectando as ruinas antigas como conxunto Histórico–Artístico, nomeamento que se lle otorgou no ano 1972.


Na actualidade este conxunto está composto polos restos do que era a Real fábrica de cerámica, os fornos, o pazo de Ibáñez, a casa de administración, a casa do Peso e o paseo dos namorados formado á beira da canle de auga que abastecía a fábrica e a presa. Tamén se inclúen o camiño real, a Igrexa de Santiago de Sargadelos e o cemiterio.





O paseo dos namorados é pequeno pero está moi ben coidado. Pódese desfrutar de merendeiros e dun paseo agradable con carteis explicativos das diferentes especies de plantas que hai no entorno. 






Nos últimos anos impulsouse a adecuación das cabalerías da antiga fábrica de cerámica para crear un Centro de emprendemento.

Pouco a pouco foron recobrando vida e na actualidade hai diferentes negocios, como unha tenda de marmeladas( marmeladas A Morena) , unha de tatuaxes e piercings chamada Enigmatatoo entre outras.

A nós gústanos moito o café-bar cultural A Sacabeira que realiza moi diversas actividades para todo tipo de público con concertos, contacontos, monólogos ou charlas.  




Outro dos negocios que abriu neste lugar foi un Centro ecuestre ao que fomos por primeira vez este verán.  Chámase Cabaliño de Pao e organiza actividades e rutas a cabalo para nenos e adultos. 


Nós estivemos con 5 nenos de entre 4 e 9 anos e todos o pasaron xenial.

Déronnos a elixir entre dúas actividades, unha ruta a cabalo dunha hora por 18 euros ou unha serie de actividades dentro do picadeiro, como peinar, limpar os cascos, encestar pelotas desde o cabalo etc, e unha pequena ruta de 15 minutos por 15 euros persoa. 



Ao tratarse de nenos pareceunos máis divertida esta última opción. Os monitores foron moi agradables cos pequenos e fanse cargo deles durante todo o tempo. 

Nós estivemos igualmente pendentes porque algún era bastante pequeno, pero si son máis maiores podedes aproveitar para tomar algo ou dar un paseo. 







Por todo o explicado cremos que Sargadelos merece unha visita con calma, ofrecendo diversas opcións para pasar o día rodeado de natureza e nun lugar moi agradable. 

Nós seguiremos dando voltas!









domingo, 11 de agosto de 2019

REFUXIOS DA GUERRA CIVIL, ALMERÍA


Os refuxios da guerra civil de Almería teñen a súa entrada na Praza Manuel Pérez García e están abertos todos os días excepto os luns.

Hai que ter en conta que teñen un número de visitantes bastante limitado en cada visita, polo que é aconsellable mercar a entrada online con anterioridade, sobre todo nos meses de verán. 

Si estades pola zona, merece a pena a súa visita para poder achegarse un pouquiño máis a unha época non tan lonxana no tempo e ás veces, si moi esquecida entre nós.







Almería foi unha cidade bastante atacada na Guerra Civil Española, cun total de 52 bombardeos entre mar e aire e unhas 754 bombas caídas nese período de tempo.

Esto provocou que se decidira a construción rápida e inminente dun lugar onde refuxiarse durante estes bombardeos.


Os refuxios son algo máis de 4 quilómetros de pasadizos subterráneos que podían acoller a un total de 40.000 persoas e que se atopan a uns 9 metros de profundidade.

Foron diseñados polo arquitecto municipal Guillermo Langle coa axuda dun enxeñeiro de minas e un enxeñeiro de camiños.

Ao longo da cidade, todos os barrios tiñan portas para acceder aos refuxios, xa que o tempo e a rapidez para esconderse eran vitais.

Mesmo algunhas casas tiñan os seus refuxios privados,un exemplo foi a galeria privada do arquitecto Guillermo Langle.

Si a porta da casa tiña un lazo negro significaba que calquera persoa podía entrar e esconderse alí durante un bombardeo.




Durante a visita (é guiada en todo momento), pódense observar recordos daqueles tempos pasados, como por exemplo o avión da fotografía, realizado por un neno mentres esperaba a que un bombardeo finalizara. 



Nos laterais das galerías principias tamén atopamos espazos de apoio para distintas funcións.





Noutro destes espazos atopamos un almacén-despensa, imprescindible en casos de bombardeos prolongados como ocurriu na II Guerra Mundial.





O 8 de febreiro de 1937, Málaga foi tomada polas tropas franquistas. Máis de 50.000 persoas fuxiron despavoridas hacia Almería, pero moitas foron cruelmente ametralladas e bombardeadas polo camiño.

Como consecuencia deste suceso, creouse a Delegación de Evacuación, e máis tarde, acordouse construir unha galería que comunicara cos refuxios e instalar alí un quirófano.

O quirófano tamén foi obra de Guillermo Langle e contaba cun motor para producir electricidade. 







Unha vez rematada a guerra, o Concello decidiu pechar as entradas aos refuxios para evitar o seu uso por parte de mendigos.

Nas bocas de acceso colocáronse unha serie de quioscos, diseñados de novo polo arquitecto Guillermo Langle. 

Na actualidade, os quioscos están nos mesmos lugares e forman parte do mobiliario urbano de Almería, pero case todos están reformados ou completamente novos. 


Nestes refuxios existían varias normas que había que cumplir, como por exemplo, non fumar, non  ouriñar, non deixar sós aos nenos e nenas, non entrar con armas, pero sobre todo,  non se podía falar de política e relixión, para evitar novos enfrentamentos.

Debemos manter o recordo vivo para non esquecer o sucedido e por eso nos pareceu importante levar aos nenos a esta visita, que por certo, lles resultou moi interesante e sorprendente.

Seguiremos dando voltas en familia!





















  













xoves, 1 de agosto de 2019

PUNTA ENTINAS / SABINAR.

Este verán andivemos uns días de descanso e rélax polo sur pero tamén tivemos tempo para visitar algunha que outra cousiña.

Entre estas visitas estivo o Paraxe Natural de Punta Entinas / Sabinar, o cal atopamos por casualidade ao buscar información sobre a zona. 







Trátase dunha reserva natural situada entre os términos municipais de Roquetas de Mar e El Eijido. Presenta con gran cantidade de sistema dunar e unha longa praia de varios quilómetros de extensión. 

A praia é completamente virxe pero está composta de pedriñas pequenas o que resulta incómodo para os que estamos acostumados ás praias de area fina.

Ademáis ten outra desventaxa que é o gran escalón que te atopas ao meterte na auga do mar, o que resulta bastante perigoso para os nenos.


Aínda así merece a pena visitala e pasar un par de horas nela. A praia goza dunha magnífica situación e dunha absoluta tranquilidade.




A reserva presenta unha gran cantidade de pequenas charcas que serven de hábitat para diversas aves acuáticas e que son zona de escala para numerosas especies de aves migratorias. 

Nós puidemos observar un gran número de flamencos e moitos parrulos!








Desde o parque pódese observar a gran Salina dos Cerrillos que se sitúa no lado dereito desde Punta Entinas hacia Roquetas e que continúa coa chamada Salina Vella.

Hai un sendeiro que é o que se utilizaba para recoller o sal cando a auga se evaporaba polo efecto do sol. 

Nós non o percorrimos porque era primeira hora da tarde e a temperatura era moi elevada. Para visitar a reserva de forma máis agradable recomendamos ir a primeira hora da mañá ou a última da tarde.




No parque predominan as "sabinas", unha especie de conífera típica do Mediterráneo que é un arbusto de folla verde e perenne.

Como curiosidade, dicir que é de este arboliño de onde provén o nome "O Sabinar". 



O parque só merece a pena si vos atopades cerca e queredes dar un paseo. 

Imaxinamos que na primavera pode resultar máis pracenteira a súa visita, pero aínda así o lugar atópase bastante sucio e con aspecto de abandono, o que é unha pena por parte das administracións competentes.

Nós seguiremos dando voltas!