Na nosa visita a Oporto, cidade que xa coñeciamos por visitala en varias ocasións, quixemos buscar algo diferente que non fixésemos nas veces anteriores.
Foi así como nos decidimos por alugar unhas bicicletas e ir descubrir a Reserva Natural Estuario do Douro polo beira esquerda do río, é dicir, polo lado de Vila Nova de Gaia.
Este estuario foi o resultado dun acordo celebrado en Decembro do 2017 entre o Concello de Gaia e a administración dos Portos do Douro e Leixoes.
A protección das aves e a paisaxe é o principal obxectivo deste refuxio.
Este estuario foi o resultado dun acordo celebrado en Decembro do 2017 entre o Concello de Gaia e a administración dos Portos do Douro e Leixoes.
A protección das aves e a paisaxe é o principal obxectivo deste refuxio.
En Gaia atopamos dous sitios onde poder alugar bicicletas. Os dous locais tiñan todo o necesario para adultos e nenos e a un prezo moi, moi asequible.
O percorrido é moi sinxelo, xa que non hai practicamente desnivel. A única complicación, si viaxades con nenos, é que non está permitido ir pola beirarrúa coas bicicletas e o carril bici comeza bastante máis adiante, polo que se vai pola estrada un par de quilómetros.
O primeiro que atopas ao sair de Vila Nova de Gaia é un estaleiro ben fermoso con diferentes barcos dos que navegan polo Douro e nos que podedes para facer un mini cruceiro.
A uns 5 quilómetros de Vila Nova de Gaia comeza a observarse o gran banco de área da desembocadura do río e sitio axeitado para o avistamento de aves.
Hai que recordar que non está permitido andar libremente pola zona do areal e para iso hai dúas pasarelas de madeira que podedes percorrer.
A entrada á reserva é gratuíta e amósanse carteis onde se explican as diversos tipos de aves que se poden observar e as mellores épocas do ano para ver cada unha delas.
A zona é moi tranquila e cunhas vistas fermosas e impresionantes.
Cada primeiro domingo do mes organízanse visitas guiadas para a observación das aves salvaxes. Non hai que anotarse, simplemente chega con unirse alí ao grupo.
Cada primeiro domingo do mes organízanse visitas guiadas para a observación das aves salvaxes. Non hai que anotarse, simplemente chega con unirse alí ao grupo.
Unha vez visitada a reserva seguimos ruta ata as praias: a de Lavadores, Pedras Amarelas e praia de Salgueiros. Alí dimos volta porque se nos fixo algo tarde pero o carril de bicicletas continúa ata a Praia do Senhor de Pedra sendo un total de 15 quilómetros ida e outros 15 de volta.
Este é un bo lugar si estades de visita en Oporto e queredes relaxarvos en plena natureza.
Nós seguiremos dando voltas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario