xoves, 23 de maio de 2019

TERRA NATURA, BENIDORM

Terra Natura trátase dun parque de animais situado ás aforas de Benidorm e recomendable si viaxades con nenos.

Xusto ao lado está Aqua Natura que é un parque acuático pero que estaba pechado cando nós estivemos porque abre a finais de abril.

As entradas a Terra Natura poden adquirirse cun desconto considerable (5 euros menos por persoa) na propia web. Aínda que teñades as entradas por adiantado, teredes que pagar o estacionamento ao chegar, 5 euros por estancia.



O parque ten unha perfecta sinalización cunhas frechas pintadas de amarelo polo chan e que resultan moi útiles para non perderse ningunha zona durante a visita.

Terra Natura está dividido en tres continentes: América, Europa e Asia; unha zona chamada Pangea, cun gran cantidade de criaturas velenosas como serpes ou arañas, un aviario e un anfiteatro para a exhibición de aves rapaces.










Ao longo do día hai diferentes espectáculos como a alimentación de tigres, o vó de aves rapaces, títeres, alimentación de elefantes etc.
Na entrada daranvos un papel onde vos explican o horario e o lugar de cada unha destas actividades.
Nós so puidemos disfrutar da exhibición de aves rapaces, a cal nos encantou por ser bastante diferente á que se realiza noutro tipo de parques de animais xa que é moito máis interactiva e cercana ao público.

Outra das cousas que nos gustou moito foi o aviario co que conta o parque. Un gran espazo polo que poder pasear e refrescarse nun día caluroso ao mesmo tempo que disfrutas da cantidade de aves que teñen.




 


O parque conta con moitos aseos distribuídos perfectamente  para que non teñas que andar demasiado cos nenos en busca dun baño. Ao mesmo tempo ten bares e espazos para disfrute dos máis pequenos e unha gran zona de xogo infantil pretiño dos elefantes.





Tamén ao lado do parque infantil hai unha zona chamada A selva de Langur, trátase dun parque multiaventuras con tirolinas, pontes colgantes e pasadizos. Disfrutamos moito tanto nenos como adultos!


Para finalizar a visita debes pasar pola tenda e a continuación pola zona onde che ensinan as fotos que fixeches en determinados lugares cos animais por si desexas mercalas. Hai que recordar ao seu favor que non son nada persistentes e que son moi respetuosos. 

En xeral, gustounos moito Terra Natura e sorprendeunos positivamente pola sencillez do parque, a amabilidade de todos os traballadores e a interacción directa cos animais...




mércores, 8 de maio de 2019

FERVENZA DO BATÁN (RIO SOR)

Esta fervenza posiblemente sexa das menos coñecidas de Galicia. Sitúase no Concello de Mañón ( A Coruña), nunha zona fronteiriza con Muras e Ourol e no lugar coñecido como o Rego da Insua.

Nós accedemos á fervenza desde Ourol tomando o desvío indicado como Sisto (CP-3805) e subindo ao borde da Serra de Sabucedo e cunhas vistas impresionantes.




Atravesamos a aldea do Vilariño e despois continuamos pola mesma estrada local ata chegar ao lugar de Ambosores. Neste lugar atopamos unha bifurcación, debemos continuar pola esquerda pasando ao lado da igrexa. 

Descenderemos pola estrada e atravesaremos a ponte Radas. Aquí é o momento de deixar o coche e poñerse en marcha.

Como non existe zona de aparcamento segura, recoméndase seguir outros 200 m, agora en sentido ascendente, ata a aldea deshabitada de A Pena de Mouriscón, xa pertencente ao Concello de Muras onde será máis fácil aparcar.



Para comezar a ruta hacia a fervenza hai que cruzar un campo que parece estar pechado por unha verxa pero que, hacia o lado do río, ten un acceso cunha escaleira metálica para poder atravesar.



O camiño ten unha distancia de case catro quilómetros ida e volta. Todos eles por un sendeiro á beira do río e sen desnivel ningún. 

A ruta comeza cunha fermosa ponte sobre o río.









A cada paso que avanzamos imos descubrindo unha nova imaxe de conto, a primeira delas un merendeiro que non está acondicionado pero que resulta igualmente encantador.

                          

A partir de aquí o río vaise ancheando para formar unha pequena presa que permite levar a auga ao muíño que está a escasos metros e que se conserva en perfecto estado.













Desde o muíño faltan escasamente 200 metros para chegar á fervenza pero en primavera e verán, non a veremos ata que xa estamos practicamente debaixo dela polo espesor  do bosque. Poderemos escoitar o ruido da auga pero non contemplala ata que cheguemos xusto ao lugar.

Para poder observar a fervenza no seu maior esplendor deberase visitar en inverno por dous motivos: o primeiro, as árbores estarán espidas e eso permitirá ter mellor visión e segundo, o salto levará maior cantidade de auga.

A fervenza presenta dous tramos moi definidos. Ao principio ten unha caída libre de 10 metros e despois a auga segue a forte pendente do monte acomodándose ás curvas do terreo e formando pequenos saltos moi vistosos.
                   

Non coñecemos o desnivel total pero estimamos que será de 50 metros máis ou menos desde o punto máis alto ata o borde do río. 

Hai que ter en conta que chegar á parte superior presenta unha dificultade media-alta e non é apta para nenos non acostumados a andar polo bosque pero merecerá a pena!