xoves, 28 de marzo de 2019

AS MÉDULAS, O BIERZO, LEÓN

As Médulas son un conxunto paisaxístico formado por unha antiga mina romana de ouro.

Si estades pensando en visitalas con nenos aquí van unha serie de consellos e opinións.

Nós estivemos fai un par de semanas e  quedamos encantados coa visita.


Chegamos alí sobre as 11 da mañá despois de dúas horas en coche desde Viveiro. 

O primeiro que fixemos foi visitar  a aula arqueolóxica,   que para o noso gusto non merece a pena porque é un espazo moi pequeno e con pouca a información, a excepción dun vídeo que explica como se formou a paisaxe

Na recepción da aula podedes pedir un mapa gratuíto que vos servirá para situarvos nas diferentes rutas ou formas de visitar As Médulas. No enlace tedes a información cos horarios e prezos. 

Despois desta breve parada iniciamos ruta hacia as covas, Cuevona e Encantada. Para eso hai que cruzar o pobo, pasar por diante dunha igrexa e tamén polo centro de recepción de visitantes onde podedes concertar unha visita guiada.




O camiño ata chegar ás covas é un sendeiro de terra en perfecto estado. Hai un montón de árbores nas que os nenos poden xogar a meterse dentro delas polo que se fai moi entretenido e divertido.



Unha vez chegas ás covas (nas que non se pode entrar por precaución) tomamos o camiño hacia o Mirador de Orellán, desde onde se observa a paisaxe máis fermosa das Médulas.

O último tramo para chegar ao mirador é un quilómetro cunha pendente considerable que discorre entre árbores e que para os nenos se fixo algo dura.

Como recompensa están as vistas!



Ao lado do mirador está a Galería de Orellán que merece a pena entrar a visitala( hai que ter en conta que está pechada todos os martes do ano). 

Tanto os nenos como nós disfrutamos un montón recorrendo a galería e o balcón e vista finais son impresionantes.

No interior da galería tamén podedes atopar algún animaliño que lle encantará aos nenos.



Desde este punto, nós regresamos hacia o pobo polo mesmo camiño pero para os que desexen camiñar máis, poden regresar pola ruta periférica que é máis longa e da outra visión da paisaxe.




Sorte coa visita. Nós seguiremos dando voltas!






mércores, 27 de marzo de 2019

FERVENZA DE ESCOURIDAL

A Fervenza de Escouridal atópase entre o  Concello de Alfoz e o do Valadouro, na Mariña lucense.

Unha vez chegamos a Ferreira non tivemos pérdida xa que está ben indicado con carteis, tanto para a Pena Abaladoira como para a Fervenza.

Deixamos o coche preto dun panel informativo para continuar a ruta a pé.




Desde este cartel ata o fervenza hai un traxecto dun quilómetro e medio máis ou menos por unha pista de terra en bo estado e cunha pendente final bastante considerable.




A fervenza de Escouridal está considerada a máis alta de Galicia (sobre uns 80 metros)  e non defrauda cando se chega a ela. Nós fumos en primavera e o caudal de auga era moi abundante polo que a fervenza presentaba unha imaxe magnífica.

Aos nenos o que máis lles gustou foi o de subir polas cordas para sacar a foto desde uns metros máis arriba. Toda unha aventura para eles!





Regresando polo mesmo camiño de ida chegamos a un cruce onde está sinalada a ruta hacia Pena Abaladoira.

Para chegar a ela temos que percorrer sobre uns 4 quilómetros ida e outros tantos de volta.

Pero  si se quere andar algo máis pero sen chegar a esa lonxitude, pódese facer unha ruta circular que en total son algo máis de 3 quilómetros e remata onde aparcamos o coche ao inicio.

Está ben sinalada e cun camiño en perfecto estado. Cando se chega a algún cruce que pode despistar, hai paneis informativos ou carteis como o seguinte:




Merece a pena a visita tanto para adultos como para nenos e pódese acompañar doutras excursións pola zona que iremos dando a coñecer porque seguiremos dando voltas!