Hoxe imos de ruta ata a parroquia de Santa María do Viveiró no Concello de Muras, en plena Serra do Xistral e cunhas vistas espectaculares.
Trátase dunha ruta circular duns case 10 quilómetros, con gran beleza e pouca dificultade.
O seu inicio está na plaza do Viveiró, lugar onde podemos aparcar o coche, tomar algo ou comer ao regreso; e sitio ademáis, onde se atopan uns paneis informativos sobre a camiñata.
O primeiro tramo da ruta transcorre por estrada, tratándose do menos fermoso do paseo. Este tramo non chega a 2 quilómetros para despois desviarnos hacia unha pista de terra.
A ruta está completamente sinalizada cunha balizas de madeira polo que non hai pérdida posible nin marxe ao erro. En cada estaca indícase a distancia hacia ambos lados.
Unha vez chegamos á ponte de madeira sobre o río, concretamente sobre o Rego dos Coruxos, atopamos a parte máis fermosa da ruta.
A única dificultade é que en época de chuvia non está moi transitable, xa que é unha zona moi húmida e mollada pola enchenta do río.
Ademáis hai que cruzar o río nalgunha ocasión e si leva moita auga non é posible facelo polas pedras que hai colocadas.
Por eso aconsellamos planificar esta ruta no verán ou comezos de outono, época na que os nosos montes están ben fermosos e no seu máximo esplendor.
A ruta continúa pola marxe esquerda do río ata que finalmente debemos cruzalo, punto crítico dependendo do caudal que leve o Rego.
A partir de aquí atopamos unha pequena e agradable subida ata chegar ao alto para comezar a baixar novamente hacia a estrada de asfalto.
Pareceunos un paseo moi agradable e sinxelo que recomendamos realizar para coñecer máis o entorno próximo tan fermoso que temos.
Aproveitando que estabamos preto, decidimos ir coñecer o miradoiro do parque eólico de Muras que tantas veces vimos fotografiado e ao que nunca fóramos.
Trátase dun sitio precioso que non defrauda, cunhas vistas impresionantes (agás mirades para os eólicos), moito vento e moi pouca contaminación lumínica si o visitades de noite.
Nós seguiremos dando voltas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario