luns, 21 de xuño de 2021

SAN CLODIO E AS SÚAS FORMIGAS, OUTEIRO DE REI.

Hoxe imos ata San Clodio no concello de Outeiro de Rei, moi pretiño de Lugo, para coñecer a famosa aldea das formigas, da que tantas veces levamos visto fotografías.





A aldea é obra dun veciño, enxeñeiro e gandeiro que decidiu, coa súa paciencia e habilidade, transformar a súa aldea nun conto especial no que as formigas son as protagonistas. 



As horas de traballo e esforzo aínda teñen máis mérito cando percibimos que practicamente todo está elaborado con materiais reciclados e coa axuda doutros veciños e veciñas que colaboran na súa elaboración e coidado.




Tampouco falta o humor e a actualidade, con ironía e imaxinación. Aquí temos referencias ao Covid, ás PCR e as vacinas, palabras tan de moda nestes tempos!


O que empezou cunha decena de figuras foi en aumento ata ter un verdadeiro paseo cheo de imaxinación e creatividade tan necesarias para a vida.


En definitva, a aldea das formigas trátase dun lugar precioso para ir con nenos e nenas e pasar un par de horas  amenas e divertidas




Noraboa ao seus creadores e non esquezamos que ao finalizar o percorrido podemos deixar a nosa colaboración para o seu mantemento e coidado. Aquí temos unha hucha con forma de porquiño!




Nós seguiremos dando voltas! Ata pronto!



Ningún comentario:

Publicar un comentario