Alí atopamos a Fervenza de Augacaída, impresionante polo entorno e o fermoso sendeiro que nos acerca ata ela.
O traxecto ten unha lonxitude duns 1400 metros de ida, que se poden ampliar para chegar ata o antigo Castro de Marce, do que non queda nada pero que merece a pena pola vista sobre o río Miño.
O acceso á fervenza ten un considerable desnivel de 220 metros, pero é no último tramo cando presenta maior pendente.
Para facilitar o camiño, este último tramo está previsto de escaleiras e pasarelas de madeira.
Despois de salvar ese desnivel, chegamos á fervenza de Augacaída, un salto de auga no regato Aguianza que ten uns 40 metros e que presenta gran beleza.
Xa de retorno e despois de subir a pendente, recomendamos xirar á esquerda e acercarse ata o Castro de Marce que se atopa a uns 500 metros e que está rodeado de misterio e lendas como a que conta que neste alto vivían os homes acuáticos ou xacios.
O que está claro é que desde esta estratéxica cima podían vixiar as zonas de ribeira e o antigo porto (porto de Chouzán) que se atopa no outro lado do río.
Desde alí atopamos unha bonita vista!