martes, 23 de xuño de 2020

FUCIÑO DO PORCO, O VICEDO.

Hoxe imos de ruta a un sitio que temos ben cerquiña nosa e que, non por eso, deixa de ser espectacular. 

Trátase de Punta Socastro, máis coñecido como Fuciño do porco, no Concello de O Vicedo e moi pretiño da marabillosa praia da Abrela.




Desde fai uns anos e debido á gran demanda de visitantes, o paseo debe iniciarse nunha pequena explanada onde podedes deixar o coche e onde atoparedes uns casetos de venta de bebida e algunha outra cousiña.

Desde alí non hai pérdida e debemos seguir o camiño de terra que vai entre eucaliptos e que nos levará hacia o mar.








Chegados a este punto iniciamos a parte máis fermosa e que transcorre por pasarelas de madeira nun sube a baixa que nos levará ata o baliza luminosa de Socastro.










A distancia ata o baliza que nos indica o fin do camiño é de 2 quilómetros, polo que é un paseo agradable e sen máis dificultade que subir e baixar un montón de escaleiras!





As vistas sobre a ría de Viveiro son magníficas e espectaculares, sobre todo nun día soleado. 






Ao regreso hacia o aparcamento podemos baixar por este camiño (ten un banco á esquerda si vimos de volta)  e que nos leva ata a Punta dos Monxes e a praia de Alegrín. Tamén se observa un fermoso e pequena embarcadoiro.




A ruta é totalmente recomendable e agradable para realizar con nenos. 

É certo que desde fai anos algúns medios de comunicación  fixeron un traballo de publicidade espectacular sobre este lugar e é difícil acostumarse á gran cantidade de turistas que se acercan a el.

Aínda así, algúns días de inverno segue tendo aquela soidade abrumadora que fai os sitios máis fermosos e acolledores.

Nós seguiremos dando voltas!