luns, 28 de outubro de 2019

RUTA LAGOS DE SALIENCIA, PARQUE NATURAL DE SOMIEDO


Hoxe estamos de novo no Parque Natural de Somiedo para explicar a última das rutas que fixemos.

Trátase de acercarnos ata os Lagos de Saliencia e desde alí, si se ten ánimo e forza, pode continuarse ata o Lago do Val.



A ruta iníciase no Alto da Farrapona que está a 1.700 metros de altitude e que ten unhas vistas moi fermosas do macizo das Ubiñas.



O camiño discorre por unha pista preparada para o tráfico rodado, pero só utilizada polo persoal autorizado.

Máis ou menos ao quilómetro de empezar atopamos o Lago da Cova. Nesta zona faise moi visible a presenza da explotación mineira que caracteriza a cor do terreo. 





A mina de Santa Rita era unha mina de extracción de ferro e estivo en funcionamento desde 1.805 ata 1.978. Tivo un gran impacto socio-económico no val de Saliencia mellorando as condicións de vida dos seus habitantes con respecto a outros pobos próximos.





Desde este lago iníciase unha forte subida seguindo o antigo camiño da mina ata chegar á Lagoa da Mina, que estaba completamente seca como se pode observar na fotografía. 




Desde aquí o camiño é máis agradable, esquecendo a forte subida anterior para dar paso á vista do Lago Cerveiriz. Para chegar ao seu pé deberemos camiñar por un suave descenso. 



Xusto a escasos minutos e camiñando hacia o sudeste está o Lago Calabazosa ou Lago Negro, que é o maior dos tres lagos. 


Desde o Alto da Farrapona ata aquí temos unha distancia de 5 quilómetros, polo que nós decidimos camiñar un pouco máis pola pradeira de Cerveiriz en dirección ao Lago do Val, pero sabendo que non íamos chegar a el xa que o visitáramos o día anterior desde o outro lado da montaña.

Merece a pena continuar un par de quilómetros por esta fermosa extensión rodeada de montañas. As súas vistas son moi agradables e ao ser en terreo chan, os nenos camiñaban sen problema ningún.




En total fixemos uns 15 quilómetros ida e volta que mereceron totalmente a pena pola súa paisaxe a tranquilidade.

En xeral quedamos namorados do Parque Natural de Somiedo e con ganas de regresar a el noutra época do ano, concretamene no inicio da primavera,  para ver o contraste co final do verán. 

En breve, seguiremos dando voltas!


domingo, 13 de outubro de 2019

MUSEO DE HISTORIA NATURAL E MENINAS DE CANIDO , FERROL

Hoxe imos acercarnos ao Museo de Historia Natural de Ferrol. Aínda que sexa curioso non coñeciamos a súa existencia ata fai un par de meses. 

Foi a nosa amiga Paula quen nos comentou que estaba bastante ben para nenos e maiores. Así que non dubidamos en acercarnos a el e xa de paso, visitar as Meninas de Canido, xa que se atopan ámbolos dous no mesmo barrio.






O Museo de Historia Natural trátase dun museo pequeno pero con encanto.  A súa entrada é gratuíta e está xestionado pola Sociedade Galega de Historia Natural.

O museo é moi didáctico e realizan visitas guiadas para escolares.  

Nel podemos ver unha gran colección de osos de cetáceos e atópase un dos esqueletos de balea máis grandes que hai en España.


Ademáis podemos observar coleccións de peles, aves, fósiles de especies terrestres e mariñas, insectos, cunchas, serpes etc.




O persoal do museo é súper amable, sobre todo cos nenos que sempre é de agradecer. 

Nada máis entrar explican brevemente o máis destacado que podemos atoparnos, dirixíndose en todo momento aos nenos e interactuando con eles.


Durante a visita tamén viñeron en máis dunha ocasión explicarnos algunha cousiña e invitarnos a visitar a exposición temporal que tiñan sobre xeoloxía da zona e que mereceu motísimo a pena coñecer da man dunha das traballadoras do local.



En definitiva, o museo merece unha visita e debemos destacar que entre os seus fondos non pode haber ningún animal que non morrese de morte natural, é dicir, ningún animal capturado ilegalmente, ferido ou sacrificado.

O museo mantén así unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio.

Xusto ao lado do Museo atopamos as Meninas de Canido que tamén merecen unha visita. 

Unha ruta polas súas rúas é un claro exemplo de como a arte urbana pode cambiar o aspecto exterior pero tamén interior dun barrio.




No ano 2008 Canido era un barrio en proceso de deterioro e pérdida de identidade.  

Naquel momento, a Eduardo Hermida, veciño do barrio, ocorríuselle pintar unha Menina nunha parede e este feito marcou o inicio dunha revolución artística que hoxe en día se estudia en universidades.




Por que unha Menina? O propio artista explicou que ademáis de ser un gran admirador de Velázquez, esa obra era tan coñecida que lle parecía sinxelo poder convertila en cultura, xa que era adaptable a moitos estilos e cada artista podería interpretala de forma diferente.




Desde este momento ata hoxe, as Meninas non fixeron outra cousa que ir aumentando e multiplicarse por todas as rúas e rincóns do barrio de Canido.

Hai Meninas de todos os tipos, tamaños e cores, e sobre todo, cunha carga reivindicativa que tanta falta fai na actualidade.



Pouco a pouco, o barrio foi renacendo de novo e hoxe en día a xente xa non se vai del, senón que se acerca para visitalo, pasear polas súas rúas ou inclusive converterse nun novo veciño desta zona.






Un paseo tranquilo polo barrio de Canido é moi recomendable e divertido en calquera época do ano, pero moito máis se coincide o fin de semana de setembro que se celebra o seu festival artístico-cultural con multitude de actividades para nenos e adultos.

Esperemos que vos guste. 

Nós seguiremos dando voltas!