domingo, 4 de abril de 2021

RUTA DOS MUÍÑOS DE XABREGA, RIBEIRA SACRA LUCENSE.

Esta ruta está no Concello de Sober, na provincia de Lugo e corresponde a un pequeno tramo da ruta oficial: Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra (PR-G 86).




A ruta discorre á marxe do río Xabrega, onde no pasado había unha gran concentración económica debido á existencia duns 28 muíños de fariña e 2 batáns.

Parte deses muíños foron restaurados por varios talleres de empleo e ao mesmo tempo, habilitouse esta pequena pero fermosa ruta.





O inicio desta ruta está na aldea de A Boca. Trátase dun sendeiro sinalizado que baixa á marxe do río e ten unha lonxitude duns 4 quilómetros. 













Despois destes 4 quilómetros, a ruta remata no mirador e embarcadoiro chamado Os Chancís desde onde obtemos unha panorámica marabillosa do río Sil.



Para nós trátase dun paseo agradable pero sen moito máis. A Ribeira Sacra ten moitas paraxes fermosas para ver, percorrer e visitar, polo que só a recomendaríamos si xa se coñece a zona ou si se dispón de tempo abondo.

Nós seguiremos dando voltas en familia!