venres, 24 de xullo de 2020

ANTIGO DEPÓSITO DE AUGA DE VIVEIRO

Fai uns días fumos ata o antigo depósito da auga de Viveiro que se atopa pola rúa do Campo da Urraca. Despois cóllese un camiño que hai á esquerda e que sube ata San Roque por ese lado da montaña.



O lugar impresiona, en primeiro lugar pola melancolía que transmiten os lugares abandonados e en segundo, porque se nota a grandiosidade e a importancia que tivo noutro tempo.





A placa que ten na entrada sinala que foi obra de Vicente Abadín, emigrante de Viveiro  (Galdo, 13 de maio de 1878) que se foi a Cuba con 15 anos e que se convertiu nun comerciante de éxito.



Neste enlace pódese coñecer moito máis sobre a súa historia e as súas doazóns ao pobo de Viveiro ( entre elas a escola de Vieiro e a traída de augas). ENLACE: VICENTE ABADÍN.

Como anécdota contar que meu pai ía xogar a Villa Lola ao tennis cando era un rapaz e que era a filla de Vicente Abadín (Concha) a que lles viña abrir a porta para poder xogar.



O lugar está rodeado do que foi un xardín e que hoxe esmorece abandonado pero que ten o seu encanto.










O sitio merece un paseo para visitalo antes de que o paso do tempo remate con el.

Nós seguiremos dando voltas!


Podedes atopar máis información nos seguintes enlaces: