Facía anos que escoitaba falar sobre Cabo de Gata á miña amiga Lucía, sobre os seus veráns neste lugar desde a súa infancia, sobre as praias vírxenes, as augas transparentes, os seus atardeceres, a tranquilidade da natureza en estado puro e as súas marabillas.
Esas conversas provocáronme a curiosidade por visitalo, así que este verán, que ademáis estabamos desexosos de sol e calor, decidimos acercarnos ata alí.
Cabo de Gata non defrauda e a súa paisaxe resulta moi curiosa, algo semellante a un deserto ao carón do mar.
O parque natural foi o primeiro espazo marítimo-terrestre protexido de Andalucía. Ademáis este espazo, cun dos ecosistemas máis áridos de Europa, tamén foi recoñecido internacionalmente pola UNESCO como Reserva da Biosfera e Xeoparque Mundial.
En todo o parque hai diferentes puntos de información. Nós acudimos ao centro de visitantes de "As amoladeras".
A súa entrada é gratutíta e nel explícase a formación volcánica do parque, a súa xeoloxía, ecosistema mariño e flora, sen olvidarse das salinas.
Despois de visitar o centro de interpretación, seguimos camiño ata A Isleta do Moro, para empezar alí o percorrido hacia Almería.
Na nosa ruta (tres días en total) non visitamos todo o parque natural, pero sí que nos levamos unha visión xeral sobre el.
A Isleta do Moro é un pequeno pobo de pescadores cun fermoso mirador e unha praia que destaca por ter dúas formacións terrestres grandes que se poden ver desde moi lonxe. Unha desas formacións queda algo separada, como si fose unha illa e por eso recibe o nome de Isleta del Moro.
A zona é perfecta para observar os fondos mariños. Polo que recomendamos levar o necesario para adultos e nenos, xa que eles desfrutaron moitísimo mirando peixes, medusas... Tamén é necesario levar uns escarpíns xa que nesta praia hai moitas rochas para entrar na auga.
De camiño entre a Isleta do Moro e San José hai que facer unha breve parada no Pozo dos Frailes, un pequeno pobo no que destaca unha noria de auga que reflicte a importancia que tiña tratamento da auga nun sitio no que practicamente non hai precipitacións.
Despois desta interesante parada chegamos a San José, considerada a capital do Parque Natural, xa que é a poboación de maior número de habitantes e con maior número de servizos.
Trátase dun pobo de casiñas pequenas e paredes brancas, cunha gran praia e moito ambiente, tendas de artesanía e restaurantes.
Nós comimos o típico peixe da zona nun restaurante chamado "El pescador" que estaba situado fronte á praia e que recordaremos pola súa amabilidade e calidade nos produtos.
Despois de comer e como non podía ser doutra forma, fumos coñecer as dúas prais máis famosas do Parque: Os Genoveses e a de Mónsul.
O acceso a estas dúas praias está limitado e protexido, polo que cando se acada un número de coches pechan unha barreira e non se pode acceder, nembargantes hai autobuses que fan o percorrido cada 30 minutos e un prezo moi razonable: 1 euro persoa.
A praia que se ve na foto de arriba é a praia "Os Genoveses" que recibe o nome porque en 1.147 unha flota de 200 naves xenovesas que viñan para axudar na conquista da cidade de Almería, estiveron acampadas aquí durante dous meses ata que se produxo o ataque á cidade.
Esta praia encantounos por varios motivos: por estar nunha bahía bastante ampla, pola tranquilidade, polas augas cálidas e transparentes, pola paisaxe que a rodea e pola pouca fondura da auga ainda que te adentres moitos metros.
A praia non está recoñecida oficialmente como praia nudista, pero é habitual ver xente naturista, polo que se debe convivir respectando esta diversidade.
A última hora da tarde fumos facerlle unha breve visita á praia de Mónsul, que está a uns duns quilómetros da praia dos Genoveses.
A praia non está recoñecida oficialmente como praia nudista, pero é habitual ver xente naturista, polo que se debe convivir respectando esta diversidade.
A última hora da tarde fumos facerlle unha breve visita á praia de Mónsul, que está a uns duns quilómetros da praia dos Genoveses.
A praia de Mónsul é a máis coñecida do Parque Natural de Cabo de Gata, a esto axuda ter aparecido en moitas películas( Indiana Jones, A última cruzada, A historia Interminable, O vento e o león) e anuncios publicitarios.
O noso percorrido continúa hacia a Almería, polo que chegamos ao Arrecife das Sereas, que seguramente se chame así porque estaba habitado por focas monxe que os antigos mariñeiros confundían con sereas.
Este lugar non chamou a nosa atención en absoluto, parecéndonos ademáis, que os seus arredores estaban descoidados.
Estivemos no mirador que está situado ao carón do faro de Cabo de Gata. Ben é certo que non baixamos a bañarnos porque o sitio non nos pareceu axeitado para nenos pequenos.
Moi pretiño do faro está a Cala do Corralete e xusto no seu inicio comeza a zona de Máxima Protección Medioambiental e Reserva Mariña Integral polo que é un dos sitios ideais para practicar o buceo.
Baixando hacia San Miguel atopamos un búnker da guerra civil en bastante mal estado e unha fermosa vista das Salinas, que na época do ano en que as visitamos todavía están cheas de auga que se irá evaporando ao longo do verán.
As Salinas concentran gran parte da avifauna do parque e pódense contemplar as aves desde varios postos de observación ornitolóxica que hai neste espazo. Deben levarse prismáticos porque as aves non están cerca. Nós puidemos ver moitos flamencos rosados!
Xusto fronte ás Salinas está a praia do mesmo nome. Trátase dunha praia moi longa, máis de 5 quilómetros e que polo tanto, dispón de sitio suficente aínda que sexa verán.
Estivemos varias horas alí e pareceunos unha praia agradable sin máis, de area bastante gorda e cunha baixada pronunciada cando entras na auga, polo que para os nenos non é moi recomendable.
Dende logo quedáronnos moitos pobos, praias e calas por coñecer pero podemos dicir que Cabo de Gata nos gustou pola súa paisaxe semidesértica ao carón do mar e pola súa beleza, sendo ademáis moi distinta á paisaxe que acostumamos a ver aquí no norte.
En breve seguiremos dando voltas polo sur!